Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Xoves, 05 de outubro de 1995 Páx. 7.447

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 1995 pola que se fai pública a adxudicación do contrato de subministración, entrega e instalación de diverso material de laboratorio con destino á Escola Técnica Universitaria de Forestais de Pontevedra, dependente desta consellería (expediente 19/1995).

Pola Resolución do 27 de xullo de 1995 aprobouse un gasto de 18.057.359 ptas., o prego de cláusulas administrativas particulares e a apertura do procedemento de adxudicación do contrato de subministración, entrega e instalación de diverso material de laboratorio con destino á Escola Técnica Universitaria de Forestais de Pontevedra, dependente desta consellería, expediente 19/1995.

Anunciouse a contratación da referida subministración no Diario Oficial de Galicia, taboleiro de anuncios e prensa.

Cumpridos os trámites que en materia de contratación prevé a vixente Lei de contratos das administracións públicas, así como os requisitos establecidos no prego de bases da contratación e demais lexislación vixente, reunida a mesa de contratación con data de 6 de setembro de 1995, e vistas as ofertas económicas así como o cumprimento das empresas e a valoración da comisión cualificadora. Esta consellería,

RESOLVEU:

Primeiro.-Adxudica-lo mencionado material da seguinte forma:

Nº lote OP materialImporte

adxudicación

** Empresa Distesa
5 Entrenador termodinámica 2.070.000
** Subtotal 2.070.000

** Empresa Gamacisa
1 Complementos grafoloxía 2.320.000
3 Equipo climatización 2.064.800
6 Microscopio e estufa 4.593.600
7 Aparello química 2.082.200
** Subtotal11.060.000

** Empresa Phywe
2 Complementos laboratorio física 2.510.976
** Subtotal 2.510.976

** Total15.641.576

Segundo.-O prazo de entrega e instalación deste material será de un mes contado desde a sinatura do contrato.

Terceiro.-A empresa adxudicataria deberá cumpri-las obrigas previas á formalización do correspondente contrato, esixidas pola cláusula 3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Cuarto.-Faise pública a presente resolución para os efectos previstos no artigo 79 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 1995.

P.D (Orde 13-12-1993)

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

9506323