Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Xoves, 05 de outubro de 1995 Páx. 7.420

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 1995, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros, pola que se lle autoriza a implantación dun módulo profesional de nivel II, ó centro privado Santa Apolonia de Santiago de Compostela.

Estudiada a proposta promovida ó amparo da Orde do 17 de marzo de 1995 (DOG do 10 de abril), pola que se dictan normas referentes á renovación da oferta de ensinanzas experimentais durante o curso 1995/1996, procede prosegui-la implantación anticipada das ensinanzas establecidas na Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo. É polo que esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Autorizar ó centro privado Santa Apolonia de Santiago de Compostela, para o curso 1995/1996 o seguinte:

a) Reducción de 35 postos escolares da especialidade de prótese dental da rama sanitaria.

b) Autoriza-la implantación dun módulo profesional de nivel II, denominado auxiliar de enfermería, para 35 alumnos como máximo.

Segundo.-A implantación do módulo non supón un aumento de postos escolares autorizados, que non poderá ser superior a 120, entre a especialidade de prótese dental e o módulo de nivel II de auxiliar de enfermería.

Terceiro.-Antes do inicio das actividades lectivas correspondentes ás novas ensinanzas que se autorizan, o centro deberá acondicionar debidamente a aula-taller e adquiri-la totalidade de material didáctico necesario.

Cuarto.-O mencionado centro queda obrigado a adaptarse en canto o número de postos escolares ó disposto no Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño, ó cumprimento da lexislación vixente e terá que solicita-la oportuna revisión cando exista modificación en calquera dos datos que se sinalan nesta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 1995.

Luis Framil Álvarez

Director xeral de Ordenación Educativa e Centros

Sra. Directora do Centro Privado Santa Apolonia de Santiago de Compostela

95-6212