Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Xoves, 05 de outubro de 1995 Páx. 7.421

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 1995, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros, pola que se autoriza impartir un ciclo de grao superior, denominado Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas, ó centro privado Escuela de Informática Seresco de Vigo, Pontevedra.

Estudiada a proposta promovida ó amparo da Orde do 17 de marzo de 1995 (DOG do 10 de abril), pola que se dictan normas referentes á renovación da oferta de ensinanzas experimentais durante o curso 1995/1996, procede prosegui-la implantación anticipada das ensinanzas establecidas na Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo. É polo que esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Autorizar ó centro privado Escola de Informática Seresco de Vigo, Pontevedra, para o curso 1995/1996 o seguinte:

a) Extinción do 1º curso de segundo grao da especialidade de informática de xestión, da rama administrativa e comercial.

b) Autoriza-la impartición do ciclo de garo superior denominado Desenvolvemento de Aplicacións Informáticas, para 30 alumnos como máximo.

Segundo.-A implantación do ciclo de grao superior non supón un aumento de postos escolares autorizados que, non poderá ser superior a 143, entre a especialidade de informática de xestión e o ciclo autorizado.

Terceiro.-O centro deberá axustarse ó establecido no artigo 32.2º parágrafo 2 do Real decreto 1004/1991, do 12 de xuño.

Cuarto.-O mencionado centro queda obrigado a adaptarse en canto ó número de postos escolares ó disposto no real decreto citado, ó cumprimento da lexislación vixente e terá que solicita-la oportuna revisión cando exista modificación en calquera dos datos que se sinalan nesta resolución.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 1995

Luis Framil Álvarez

Director xeral de Ordenación Educativa e Centros

Sra. Directora do Centro Privado Escola de Informática Seresco de Vigo, Pontevedra

95-06215