Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Mércores, 04 de outubro de 1995 Páx. 7.411

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 1995, da Dirección Xerencia do Hospital da Costa de Burela, pola que se anuncia a contratación polo procedemento aberto, mediante concurso, do servicio de televisión e telefonía nos cuartos dos usuarios do Hospital da Costa (C.P. 3/1995).

A Dirección Xerencia do Hospital da Costa de Burela, en virtude das atribucións que lle foron elegadas conforme o establecido no apartado f) do artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG número 191, do 3 de outubro), convoca expediente de contratación polo procedemento aberto, mediante concurso, do servicio de televisión e telefonía nos cuartos dos usuarios do Hospital da Costa.

Obxecto e orzamento: a contratación do servicio de televisión e telefonía nos cuartos dos usuarios do Hospital da Costa, sen custo para a Administración, financiándose o servicio mediante cobro ós usuarios.

Prazo de execución: a duración do contrato será de un ano desde a súa sinatura. Antes do remate poderá prorrogarse mediante acordo expreso das partes.

Documentos de interese para os licitadores: os prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitadas no Servicio de Subministracións do Hospital da Costa, teléfono (982) 58 99 07 e fax (982) 58 99 06, durante o prazo de admisión de proposicións.

Fianzas: deberá consignarse unha fianza provisional de cen mil pesetas (100.000 ptas.). A devandita fianza constituirase segundo o disposto no artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Clasificación: non se esixe.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Hospital da Costa de Burela antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó Hospital da Costa a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mismo día.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital da Costa ás 11 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Burela, 18 de agosto de 1995.

Fernando Varela Noreña

Director xerente do Hospital da Costa de Burela

95-6185