En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto para a contratación polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) do desenvolvemento do software para un sistema avanzado de información do programa IGATEL.
1. Entidade contratante: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/ Frei Rosendo Salvado 16-baixo, 15701 Santiago de Compostela, Telf.: (981) 54 11 87, fax: (981) 59 04 67.
2. Modalidade de adxudicación: concurso público aberto.
3. Obxecto do contrato: desenvolvemento do software para un sistema avanzado de información do programa IGATEL do Igape.
Prazo de entrega: 5 meses.
Desenvolvemento estimado: 14 h/mes
4. Orzamento máximo de licitación: 8.000.000 ptas. (IVE incluído).
5. Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e os de prescricións técnicas estarán de manifesto na sede do Instituto Galego de Promoción Económica, sita en r/ Frei Rosendo Salvado, 16 Santiago de Compostela (A Coruña), así como nas súas delegacións de Ferrol e Vigo durante o prazo de presentación de proposicións os días e horas hábiles de oficina.
6. a) Data límite de recepción de ofertas: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do vixésimo sétimo día hábil seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado o prazo entenderase prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.
b) Lugar de presentación de proposicións: no registro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo dentro do prazo de admisión sinalado.
7. Apertura de proposicións: en acto público ás 11 horas o primeiro día hábil, que non coincida en sábado, seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas. No Instituto Galego de Promoción Económica,
sito en r/ Frei Rosendo Salvado, 16 Santiago de Compostela.
8. a) Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación.
b) Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.
9. Documentos que deben aporta-los licitadores: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.
10. Medios de xustificación da solvencia económica e financeira:
Declaración relativa á cifra de negocios global e das subministracións ou traballos realizados nos tres últimos exercicios.
11. Medios de xustificación da solvencia técnica do empresario:
-Relación dos principais servicios ou traballos realizados nos últimos tres anos, incluíndo importe, datas e beneficiarios públicos ou privados deles.
-Descrición do equipo técnico e unidades técnicas participantes no contrato, estean ou non integrados na empresa do contratista.
-Unha declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato.
12. Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas do concurso.
13. Outras informacións: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.
Santiago de Compostela, 26 de setembro de 1995.
Jorge González Gurriarán
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)
95-6204