Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Mércores, 04 de outubro de 1995 Páx. 7.412

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 1995 pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa do alugueiro do local sito na planta baixa do edificio número 47 da rúa Bolivia, esquina coa rúa Pizarro de Vigo, para instalación de servicios do Servicio Galego de Saúde.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do Patrimonio da Comunidade Autónoma e 55.2º do seu regulamento e á vista das

competencias que teño atribuídas con base no Decreto 199/1994, do 16 de xuño,

RESOLVO:

Facer público que por razón da peculiaridade do inmoble, xustifícase, logo da fiscalización da intervención delegada, a utilización do procedemento de contratación directa do aluguer do local sito na planta baixa do edificio número 47 da rúa Bolivia, esquina rúa Pizarro de Vigo, para a instalación de servicios do Sergas.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 1995.

P.D. (Orde 15-9-1994)

Alberto Núñez Feijoo

Secretario xeral do Servicio Galego de Saúde

95-6036