Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Mércores, 04 de outubro de 1995 Páx. 7.406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 13 setembro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fai pública a adxudicación da poxa con admisión previa da obra de subestación enolóxica en Ribadumia, provincia de Pontevedra (X-3423).

Por Resolución do 3 de abril de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciouse a citada poxa con admisión previa.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular da consellería resolveu adxudicarlle a obra á empresa Josybem, S.L.; importe de adxudicación: 33.725.118 pesetas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

9506310