Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Mércores, 04 de outubro de 1995 Páx. 7.407

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fai pública a adxudicación da poxa con admisión previa das obras de captación e distribución de auga potable ós núcleos da Graña, San Pedro e Reboreda (concello de Xunqueira de Espadanedo, Ourense), e tres máis.

Por Resolución do 6 de abril de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciouse a citada poxa con admisión previa.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular da consellería resolveu adxudicárlle-las obras ás empresas:

1. Captación e distribución de auga potable ós núcleos da Graña, San Pedro e Reboreda (concello de Xunqueira de Espadanedo, Ourense). X-3115 (nº 217).

Lorvicón, S.L.; importe de adxudicación: 21.706.252 pesetas.

2. Iluminación pública na Merca e outros (concello da Merca, Ourense). X-3218 (nº 218).

Amando, S.A.; importe de adxudicación: 22.374.887 pesetas.

3. Abastecemento e saneamento en Xocín (Baños de Molgas, Ourense). X-3286 (nº 219).

Construcciones y Obras, S.A.V.U.R., S.L.; importe de adxudicación: 7.236.561 pesetas.

4. Abastecemento e rede de sumidoiros en Pidre e Piñeira Seca (concello de Xinzo de Limia, Ourense). X-3324 (nº 220).

Aquagest; importe de adxudicación: 38.763.649 pesetas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

9506366