Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Mércores, 04 de outubro de 1995 Páx. 7.406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4358 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e decla

ración de utilidade pública dunha instalación eléctrica que ten por características principais as seguintes:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., rúa Cidade de Viveiro, 4-1º, Lugo.

Situación: Vigo e Vila (Gaibor) concello de Begonte.

Finalidade: mellora da subministración.

Características principais: rede baixa tensión en Vigo e Vila, conductor R.Z.-50, de 2.060 metros de lonxitude, e subministración a 23 abonados da zona.

Procedencia dos materiais: nacional.

Orzamento: 15.079.914 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, e formulárenselle as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Lugo, 7 de setembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9506311