Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Mércores, 04 de outubro de 1995 Páx. 7.406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición do establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 299/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de unha central de coxeración e a condición de autoxerador, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Productor del Ulla, S.L.

Lugar no que se vai establece-la instalación: en Trasdaveiga, concello de Catoira.

Finalidade da instalación: producción de enerxía eléctrica e aproveitamento de calor residual.

Características principais: 2 grupos motor, xerador de 500 kVA cada un, con motor diesel e xerador síncrono. Equipos auxiliares de almacenamento de combustible, regulación e control e interconexión á rede.

Orzmento: 49.251.200 ptas.

O que se fai pública para que pueda ser examinado o proxecto da instalación nesta oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo 2, e formular contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte á publicación desta resolución.

Pontevedra, 6 de setembro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-6193