Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Mércores, 04 de outubro de 1995 Páx. 7.405

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que anuncia o sometemento ó trámite de información pública, por solicitude da empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., da relación de bens e dereitos afectados pola urxente ocupación que se cita. (Expediente número 3348 A.T., expropiación número 148).

En cumprimento do disposto no artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública, por instancia da empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., con domicilio en Lugo, r/ Cidade de Viveiro, 4, a solicitude de declaración da necesidade de urxente ocupación para os efectos da imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica sobre os bens e dereitos que se afectan, segundo o disposto no parágrafo 1 do artigo 14 do citado regulamento. A seguir transcríbese a relación individualizada de cada expediente, na que se indican os interesados os que non foi posible o acordo amigable para a execución da instalación seguinte:

-Reelectrificación da parroquia de Cela, nos termos municipais de Begonte e Outeiro de Rei, expediente número 3348 A.T., autorizada e declarada de utilidade pública, por resolución desta delegación provincial de data 8 de xullo de 1994.

Para os efectos do disposto no nº 3 do artigo 16 do regulamento mencionado, calquera persoa, dentro dos quince días seguintes ó da derradeira publicación deste anuncio, que terá lugar no BOP de Lugo, no Diario Oficial de Galicia e no xornal El Progreso, e os interesados, no mesmo prazo, contado a partir do día seguinte ó da notificación individual que se lles efectuará, poderán achegar por escrito e por triplicado os datos oportunos para corrixiren posibles erros na relación indicada, así como formularen as alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do devandito regulamento, para o cal quedarán expostos os expedientes, cos planos de situación e os parcelarios das instalacións, nesta dependencia, sita en Lugo, r/ Pascual Veiga, 12-14, en horas de oficina.

En todo caso os propietarios afectados poderán reclamar por medio desta delegación que o peticionario lles facilite os demais datos que consideren precisos para a identificación dos seus bens.

Lugo, 10 de agosto de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Liña: M.T. derivación a Veiguicela, Cela.

Municipio Begonte e Outeiro de Rei.

T. municipalPredio nºLugarParroquiaCultivoPropietariosDomicilioAfección

(superficie m)

Begonte01SantadiscoSaavedraÁrboresJosé Antonio Villarino LamasR/ Montevidero, 28-1º

28020 Madrid

87 de voo
05CaneiroSaavedraMonte rasoManuel Campos ReySaavedra, Begonte448 de voo
06CaneiroSaavedraMonte rasoAmancia Campos ReySaavedra, 129, Begonte448 de voo

T. municipalPredio nºLugarParroquiaCultivoPropietariosDomicilioAfección

(superficie m)

09CaneiroSaavedraPiñeirosJosé Díaz FragaR/ Etereos, 2-2º A

28005 Madrid

1.736 de voo e 0.36 do apoio nº 5

Outeiro de Rei12InsuaCelaÁrboresAntonio Martínez RoibasVer. Cela, Outeiro de Rei28 de voo
13InsuaCelaÁrboresJosé Antonio González DíazR/ Antonio Noche, 16

15009 A Coruña

812 de voo e 0,36 do apio nº 7
15InsuaCelaÁrboresDolores González VigoHorta. Cela, Outeiro de Rei742 de voo
16InsuaCelaÁrboresRamón Fernández DíazCela. Outeiro de Rei168 de voo
20RegoliñarCelaPrado e árboresAvelino Fernández DíazCela. Outeiro de Rei1.356 de voo e 1 do apoio nº 10
21RegoliñarCelaPrado e árboresJesús Ferreiro IglesiasCela. Outeiro de Reiárbores de cerramento
22RegoliñarCelaPradoRamón Vigo CabanasVeiguicela. Cela, Outeiro

de Rei

1 do C.T.I.

95-06192