Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica que ten por características principais as seguintes:
Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), rúa Cidade de Viveiro, 4-1º Lugo.
Situación: Montecelo-Begonte.
Finalidade: mellora do servicio eléctrico na parroquia de Felmil.
Características principais: liña media tensión a 20 kV, conductor LA-30, apoios de formigón vibrado e torres metálicas, de 730 metros de lonxitude, orixen na L.M.T. Rábade-Vilalba, entroncamento coa L.M.T. a Vila e remate no C.T. de Montecelo. Centro de transformación de 50 kVA, 20 kV/380-220 V, con torre metálica, para mellora do servicio eléctrico en Montecelo parroquia de Felmil, no concello de Begonte.
Procedencia dos materiais: nacional.
Orzamento: 2.608.947 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, e formulárenselle as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Lugo, 28 de xullo de 1995.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
95-5892