Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Mércores, 04 de outubro de 1995 Páx. 7.404

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (254/1995).

En virtude do ordenado pola maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, Rosa del Carmen Collazo Lugo, nos autos de xuízo de faltas número 254/1995, que se seguen neste xulgado por estafa, cítase a Pedro Caralt Estragues, en calidade de denunciado, e actualmente en paradoiro descoñecido, para que o vindeiro día dezaoito de outubro, ás once horas e dez minutos, compareza na Sala de Audiencia do Xulgado de Primeira Instancia e Intrucción número tres de Santiago de Compostela, sito na planta baixa do Pazo de Xustiza, rúa da Algalia de Abaixo, número 24, co fin

de asistir á celebración do correspondente xuízo de faltas, advertíndoo de que poderá facelo acompañado de letrado, e deberá asistir provisto dos medios de proba de que intente valerse, e que se non o verifica, recaerán sobre el os prexuízos os que haxa lugar en dereito.

Santiago de Compostela o trece de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

95-6154