Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Mércores, 04 de outubro de 1995 Páx. 7.404

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (1029/1995).

En virtude do ordenado pola maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, Rosa del Carmen Collazo Lugo, nos autos de xuízo de faltas número 1029/1995, que se seguen por desobediencia, cítase a Cristina Avelina Andrade Martínez, en calidade de testemuña, e actualmente en paradoiro descoñecido, para que o vindeiro día 8 de novembro de 1995, ás once cincuenta horas, compareza na Sala de Audiencias do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, sita na planta baixa do Pazo de Xustiza, rúa Algalia de Abaixo número 24, co fin de asistir á vista do correspondente xuízo de faltas, prevíndoa de que, se non comparece sen alegar cuasa xusta, poderá ser multada na cantidade que se determine, e, por un límite máximo previsto no artigo 966 da Lei de axuizamento criminal.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 1995.

O secretario

Rubricado

95-6151