Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Mércores, 04 de outubro de 1995 Páx. 7.404

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (483/1994).

Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza Acctal. do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e seu partido fai saber, que neste xulgado se segue xuízo de desafiuzamento número 483/1994, por falta de pagamento de rendas en local de negocio, dictándose nas ditas actuacións a resolución que di así:

Cédula de citación. A maxistrada-xuíza Acctal. do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, Leonor Castro Calvo, en resolución do día da data dictada nos autos de xuízo de desafiuzamento número 483/1994, que se seguen neste xulgado por instancia de Caixa de Aforros de Pontevedra, representada polo procurador García Piccoli Atanes, contra Instituto Motis, S.L., na persoa do seu representante legal Manuel Roca Ferreiro, acordou citar ó expresado demandado co obxecto de que compareza ante este xulgado o día 10 de outubro de 1995 ás dez horas, na sala de audiencia, para a celebración do correspondente xuízo verbal, prevíndoo de que non volverá a ser citado nin oído en caso de incomparecencia.

E para que conste e sirva de cédula de citación ó expresado demandado, expido, selo e asino o presente edicto. Asinado. O secretario.

E para que así conste e sirva de citación ó expresado demandado Instituto Motis, S.L., na persoa de Manuel Roca Ferreiro, que tivo seu derradeiro enderezo coñecido en Avda. de Lugo, número 16-18 semisoto Santiago de Compostela, expido, selo e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o vinteún de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

A maxistrada-xuíza Acctal.

Rubricado

O secretario

Rubricado

95-6153