Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Mércores, 04 de outubro de 1995 Páx. 7.403

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (330/1995).

En virtude de resolución do maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción, dictada neste día da data en expediente de xurisdicción voluntaria de dominio seguido perante este xulgado co número 330 de 1995 a pedimento de Carmen Fraga Silveira, representada polo procurador Regueiro Muñoz, sobre reanudación do tracto sucesivo interrompido do predio que se describe:

Número corenta e nove. Piso vivenda sinalado coa letra B da quinta planta alta dunha casa sen número sita na Avda. Xeneral Franco desta cidade de Santiago de Compostela. Ten a súa entrada polo portal número dous e ocupa unha extensión de sesenta e dous metros cadrados. Linda: dereita, entrando, tomando como punto de referencia o relanzo das escaleiras, local letra A, portal número un; esquerda, local letra A, portal número tres; fronte, relanzo das escaleiras e patio de luces; e, de costas, o predio formado por segregación. Cota de participación: 0,8%.

Cítanse os habentes causa dos que procedan os bens e as persoas ignoradas ás que puider prexudica-la inscrición solicitada co fin de que, no termo de dez días a partir da publicación do presente edicto, poidan comparecer perante este xulgado para alega-lo que para o seu dereito conveña.

Santiago de Compostela, trece de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

95-6346