Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Martes, 03 de outubro de 1995 Páx. 7.392

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 4 de setembro de 1995, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación dos montes Alvelle, Gramil e Eiras da Mo, pertencentes á comunidade veciñal da parroquia de Guillade, concello de Ponteareas.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra, en sesión celebrada o día 7-6-1994, acordou inicia-los trámites para a clasificación, como veciñal en man común, do seguinte monte:

Concello: Ponteareas.

Parroquia: Guillade.

Nome do monte: Alvelle, Gramil e Eiras da Mo.

Primeira parcela: Eiras da Mo.

Cabida: 6,1 ha.

Lindes:

Norte e leste: propiedades particulares.

Sur: propiedades particulares e máis monte clasificado como veciñal en man común de Guillade.

Oeste: monte clasificado como veciñal en man común de Guillade.

Segunda parcela: Alvelle e Gramil.

Cabida: 29 ha.

Lindes:

Norte: propiedades particulares.

Sur: propiedades particulares.

Leste: propiedades particulares e monte clasificado como veciñal en man comun de Guillade.

Oeste: predios particulares e monte clasificado dos veciños de Santiago de Oliveira.

Enclavado: Cabada da revolta de particulares de 2,5 ha.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información de un mes de duración contado a partir do día seguinte á publciación deste anuncio para que se poida examina-lo expediente e alegar durante este tiempo o que se estime procedente en relación co monte de referencia, todo isto de acordo co disposto no artigo 11 da Lei do Parlamento de Galicia 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o artigo 23.2º do Decreto 260/1992, polo que se aproba o Regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 4 de setembro de 1995.

José Luis Díez Yáñez

Presidente do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra

95-6142