Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Martes, 03 de outubro de 1995 Páx. 7.391

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se fai pública a adxudicación da poxa con admisión previa das obras dos camiños da zona de concentración parcelaria de Bazar, concello de Castro de Rei, provincia de Lugo (X-3322/LU-580 e tres máis).

Por Resolución do 20 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, anunciouse a citada poxa con admisión previa.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular desta delegación, en virtude das facultades conferidas a esta polo Decreto 87/1990, do 15 de febreiro, de desconcentración en materia de contratación administrativa nos delegados provinciais da Xunta de Galicia, resolveu adxudica-las obras ques e citan ás empresas que se indican e polos importes de adxudicación que así mesmo se cifran:

1. Denominación da obra: camiños da zona de concentración parcelaria de Bazar (Castro de Rei-Lugo). X-3322/LU-580.

Empresa adxudicataria: Viales y Construcciones, S.A.

Importe de adxudicación: 114.208.099 pesetas.

2. Denominación da obra: camiños da zona de concentración parcelaria de Conforto (A Pontenova-Lugo). X-3386/LU-581.

Empresa adxudicataria: José Yáñez García.

Importe de adxudicación: 149.587.725 pesetas.

3. Denominación da obra: camiños da zona de concentración parcelaria de Xudán (A Pontenova-Lugo). X-3388/LU-582.

Empresa adxudicataria: Francisco Gómez y Cía., S.L.

Importe de adxudicación: 141.871.000 pesetas.

4. Denominación da obra: camiños da zona de concentración parcelaria de Arbol (Vilalba-Lugo). X-3400/LU-583.

Empresa adxudicataria: Francisco Gómez y Cía., S.L.

Importe de adxudicación: 127.681.000 pesetas.

O que se fai público en virtude do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Lugo, 11 de setembro de 1995.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

9506166