Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Martes, 03 de outubro de 1995 Páx. 7.392

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 30 de xuño de 1995, da Delegación Territorial de Lugo (Celeiro-Viveiro), pola que se fai pública, para efectos de notificación, o prego de cargos do expediente sancionador instruído contra Ovidio Álvarez Domínguez (expediente sancionador número LU-0069/95).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27) notifícase o prego de cargos no expediente sancionador número LU-0069/95, instruído a Ovidio Álvarez Domínguez, con último domicilio coñecido na rúa Ortigueira, 2-1º - A Coruña, por infraccións da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG nº 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro), sobre infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

O dito interesado dispón dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula para poder examina-los expedientes na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Celeiro - Viveiro (Lugo), Avda. Ramón Canosa s/n, e presentar ante a dita delegación as alegacións que considere pertinentes conforme o disposto no artigo 16.4º da Lei 6/1991, do

15 de maio, de infraccións en materia de proteccións de recursos marítimo-pesqueiros.

Celeiro - Viveiro, 30 de xuño de 1995.

Enrique Rodríguez González

Delegado territorial de Lugo (Celeiro-Viveiro)

95-6143