Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T., C.T. e R.B.T. en Borrallerios (por cambio de tensión subestación San Xurxo), que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio número 155 da L.M.T. Forcarei-Pigarzos ata o C.T. que se proxecta en Borralleiros, concello da Lama.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 20 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56.
C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-398/230 V.
R.B.T., aérea, de 55 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.
Orzamento: 1.944.375 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 5 de setembro de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
95-06321