Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Martes, 03 de outubro de 1995 Páx. 7.390

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de xullo 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4343 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. r/ Sáenz Díez, 95, Ourense.

Finalidade: mellora do servicio eléctrico da zona.

Orixe da liña: L.M.T. Monterroso-Palas.

Final: L.M.T. Fental-Lodoso-Novelúa.

Situación do transformador:

Características: liña aérea de media tensión a 20 kV, de 1.844 metros de lonxitude, con conductor LA-56/54,6 mm Al, en apoios de formigón, para mellora do servicio eléctrico de Cariz-Fental, no concello de Monterroso.

Orzamento: 5.130.000 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 19 de xullo de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-06178