Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Martes, 03 de outubro de 1995 Páx. 7.391

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de setembro 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4357 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Xestur-Lugo, S.A. Praza de Santo Domingo, 6-5º, Lugo.

Finalidade: subministración de enerxía ó parque empresarial da Pontenova.

Orixe da liña: L.M.T. próxima ó parque,

Final: no C.T. próxima ó parque.

Situación do transformador: no parque empresarial.

Características: liña eléctrica de media tensión a 20 kV, apoios de formigón e conductores LA-56. Centro de transformación apoio de formigón de 400 kVA, 15/20 kV, ±2,5±5%-398/230 V.

Orzamento: 18.335.021 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 7 de setembro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9506168