Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Martes, 03 de outubro de 1995 Páx. 7.388

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xullo 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4335 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. r/ Sáenz Díez, 95, Ourense.

Finalidade: mellora do servicio eléctrico no sector (Desvío das instalacións na variante C-546 coa C-533 (tramo p.k. 56+300 o p.k. 118+460) en Monforte de Lemos.

Orixe da liña: no apoio nº 1 da L.M.T. ó C.T. de Malecón.

Final: no apoio nº 3.

Situación do transformador:

Características: liñas de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56, de 158 metros de lonxitude, sobre apoios de formigón ou metálicos. Redes de baixa tensión en conductores R.Z-150-95-50, sobre apoios de formigón ou grampados sobre fachadas, para mellora do servicio eléctrico ás diversas poboacións ó longo da estrada, no concello de Monforte de Lemos (variante C-546 coa C-533 tramo p.k. 56+300 o p.k. 118+460).

Orzamento: 4.548.055 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 17 de xullo de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-05844