Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Martes, 03 de outubro de 1995 Páx. 7.388

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de xullo 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4335 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. r/ Sáenz Díez, 95, Ourense.

Finalidade: mellora do servicio eléctrico na zona.

Orixe da liña: novo poste a instalar na L.M.T. ó C.T. de Rebordaos.

Final: C.T. aéreo, proxectado, de Sta. Cruz.

Situación do transformador: Santa Cruz.

Características: liña de media tensión a 20 kV, cunha lonxitude de 330 metros, con conductor LA-56/54,6 mm Al, apoios tipo HV/1; HVH/2. Centro de transformación tipo intemperie de 50 kVA 20.000/398-230 V± 2,5%±5%. Rede de baixa tensión de 1.080 metros de lonxitude, con conductores R.Z.-2x25; R.Z.-3x25 e R.Z.-3x95, para mellora do servicio eléctrico en Santa Cruz, no concello do Saviñao.

Orzamento: 5.435.000 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 18 de xullo de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-05842