Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Martes, 03 de outubro de 1995 Páx. 7.388

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de octubro de 1994, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 77/1994 A.T.).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil Hidroeléctrica del Zarzo, S.A., co enderezo na rúa Mancebo, 6, Pontedeume (A Coruña), para a autorización administrativa da instalación que segue:

-Rede de baixa tensión aérea a 380/220 voltios, de 1.155 m, de lonxitude, en conductor R.Z.-50, que parte da R.B.T. existente do C.T. Fontevila e remate no lugar de Vilariño. Concello de Vilarmaior.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 5 de outubro de 1994.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-05844