Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Martes, 03 de outubro de 1995 Páx. 7.386

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (62/1994).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe que no xuízo de cognición que se segue neste xulgado co número 62/1994, a sección cuarta da Audiencia Provincial da Coruña dictou sentencia, cun encabezado e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. Na cidade da Coruña o vintetrés de maio de mil novecentos noventa e cinco. Vistos pola sección cuarta da audiencia provincial, integrada polos maxistrados Victorino Fuente Pinto, Pte., José Antonio Méndez Barrera e José Luis Núñez Vide, os presentes autos de xuízo de cognición, tramitado no X. Mixto Santiago cinco, e que, perante a audiencia provincial pendían en grao de apelación, seguidos entre partes, dunha, como demandante-apelada Manuela Ces Canedo, maior de idade, casada, os seus labores, veciña de Santiago de Compostela; e doutra, como demandado-apelante, Antonio Rivera Barcia, maior de idade, psicólogo, veciño de Santiago de Compostela e o demandado declarado en situación procesual de rebeldía Francisco Javier Ignacio Vázquez Álvarez, maior de idade, médico, veciño de Santiago de Compostela; versando os autos sobre resolución de contrato de arrendamento.

Decido rexeitámo-lo recurso interposto contra a sentencia dictada con data 9 de xaneiro de 1995 no

xuízo de cognición arrendaticio urbano número 62 de 1994 do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela e confirmámo-la dita resolución. Impóñenselle ó apelante as custas do recurso. Esta sentencia é firme de dereito e contra ela non cabe recurso ningún.

Así, por esta nosa sentencia, definitivamente xulgando, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Asinado. Rubricado».

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado rebelde Francisco Javier Ignacio Vázquez Álvarez, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o vintecatro de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

95-6147