Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Martes, 03 de outubro de 1995 Páx. 7.386

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (560/1988).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela. Fago saber que neste xulgado se seguen autos de procedemento xuízo executivo, baixo o número 560/1988, a pedimento de Banco Zaragozano, representado polo procurador Paz Montero, contra Luis Antonio García Gómez e Purificación Álvarez Bahamonde, nos cales se acordou sacar a pública poxa, por termo de vinte días, os bens que logo se dirán, coas seguintes condicións:

Primeira.-Sinalouse para que teña lugar o remate da primeira poxa o vindeiro día 14 de novembro, ás 11 horas, na sala de audiencia deste xulgado, polo tipo de 400.000 pesetas.

Segunda.-Para o suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o vindeiro día 14 de decembro, ás 11 horas, na sala de audiencia deste xulgado, coa rebaixa do 25% do tipo que o foi para a primeira.

Terceira.-Se resultase deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o vindeiro día 12 de xaneiro de 1996, ás 11 horas, na sala de audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

Cuarta.-Nas poxas primeira e segunda non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspondente.

Quinta.-Para tomar parte en calquera das tres poxas, tódolos licitadores, agás o acredor demandante, deberán consignar previamente o 20% do tipo para seren admitidos a licitación, e calcularase esta cantidade na terceira poxa respecto do tipo da segunda, suma que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta no Banco de Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, e deberán facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte: 1584-17-0560/1988, presentando o resgardo de ingreso.

Sexta.-Poderán facerse ofertas en prego pechado.

Sétima.-No caso de que tivese que suspenderse calquera das tres poxas, trasládase a súa celebración

á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana na que se sinalase a poxa suspendida.

Oitava.-Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes á poxa, salvo a que corresponda ó mellor licitador, a que se reservará en depósito como garantía do cumprimento da obriga e, no seu caso, como parte do prezo da venda.

Novena.-De se pedir polo acredor, ata o mesmo momento da celebración da poxa, tamén poderán reservarse en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga e desexasen aproveita-lo remate os outros licitadores e sempre pola orde desta.

Décima.-O sinalamento do lugar, día e hora para o remate, notificaráselle ó debedor no predio ou predios poxados e, se é o caso, a publicación dos presentes edictos serve como notificación dos sinalamentos.

Bens obxecto de poxa.

Vehículo Opel Kadett 1.6 S, matrícula C-3038-AJ. Valorado en 400.000 pesetas.

Dado en Santiago de Compostela o trinta e un de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

95-6123