Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Martes, 03 de outubro de 1995 Páx. 7.385

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

CÉDULA de notificación (46/1995).

María Luisa Montejo García, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira, dou fe que no xuízo de referencia dictouse sentencia cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Negreira o un de setembro de mil novecentos noventa e cinco. Francisco Serrano Arnal, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción desta vila e o seu partido xudicial, vistos os presentes autos seguidos sobre divorcio, á marxe descritos, seguidos a pedimento de María Divina Casanova Rey, representada polo procurador Raniero Fernández Pérez, baixo a dirección letrada de María Teresa Ferreiro Vila, contra Laurindo Tavares Saraiva, declarado en rebeldía, sendo parte o Ministerio Fiscal. Decido que considero a demanda interposta en nome de María Divina Casanova Rey contra Laurindo Tavares Saraiva e declaro disolto por divorcio o matrimonio contraído por ámbolos cónxuxes o día 12 de decembro de 1985 en Valença do Miño, inscrito no rexistro civil do Consulado de España na dita cidade. E decreto, así mesmo, como medida inherente a tal declaración, a disolución do réxime económico-matrimonial e a revogación dos consentimentos e poderes que calquera dos cónxuxes se

outorgase; e determino como efectos do divorcio os seguintes pronunciamentos:

Primeiro.-Atribúeselle a garda e custodia dos fillos menores de idade á esposa pero exercerán ámbolos cónxuxes conxuntamente a patria potestade.

Segundo.-Atribúeselle á esposa o uso e desfrute do domicilio conxugal, determinándose, logo de inven

tario e de acordo ámbolos cónxuxes, os bens e obxectos do enxoval que han continuar na dita vivenda, así como os que ten que levarse o marido.

Terceiro.-O esposo pasaralle á esposa en concepto de alimentos para os fillos menores de idade as cantidades que se fixen en execución de sentencia.

Todo isto sen facer expresa imposición de custas; e firme que sexa esta sentencia da que se unirá certificación ós autos da súa razón e notificaráselles ás partes, comuníquese esta ó Rexistro Civil onde o matrimonio se atopa inscrito para os efectos pertinentes. Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación perante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días. Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación en forma ó demandado Laurindo Tavares Saraiva, expido, selo e asino a presente cédula en Negreira o 1 de setembro de 1995.

A secretaria

Rubricado

95-6332