Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Martes, 03 de outubro de 1995 Páx. 7.384

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 22 de setembro de 1995 pola que se revolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nesta consellería, por Orde do 10 de agosto de 1995 (Diario Oficial de Galicia nº 160, do 22 de agosto), de conformidade co disposto no artigo 27.2º da Lei da función pública de Galicia e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da referida lei, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada pola Orde do 10 de agosto de 1995 (Diario Oficial de Galicia nº 160, do 22 de agosto).

Segundo.-Adxudicarlles destino nos postos de traballo que se indican ós funcionarios que se relacionan no anexo da presente orde.

Terceiro.-O cesamento no destino actual dos funcionarios que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou de un mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licencias, que, se é o caso, lles foran concedidos ós interesados. Nos supostos

de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias do cesamento e toma de posesión.

Quinto.-Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer

recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicarlle a esta consellería a vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

Apelidos e nomeNúmero de rexistro

de persoal

GrupoCorpo ou escalaPosto de traballo

que se adxudica

LocalidadeNivel

C.D.

Centro directivo

Echevarría Moreno, María José2976506846A2060ACorpo superior

Admón. Xunta

Inspectora de serviciosSantiago de Compostela30Inspección Xeral de Servicios

García Villadangos, Mª del Rosario3055489724A2060ACorpo superior

Admón. Xunta

Inspectora de serviciosSantiago de Compostela30Inspección Xeral de Servicios

Lete Lasa, José Ramón1624174746A2060ACorpo superior

Admón. Xunta

Inspector de serviciosSantiago de Compostela30Inspección Xeral de Servicios

Leis Barreiros, Juan Santiago1484881413A0909BCorpo xestión

Admón. Xunta

Subinspector de serviciosSantiago de Compostela28Inspección Xeral de Servicios

Pérez Ansede, Eva3605298313A2060ACorpo superior

Admón. Xunta

Subinspectora de serviciosSantiago de Compostela28Inspección Xeral de Servicios

95-6131