Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Martes, 03 de outubro de 1995 Páx. 7.374

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4293 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Sáenz Díez, 95, Ourense, en solicitude de autorización para instalar C.T. en travesía rúa Taboada en Chantada, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., a instalación de centro de transformación de distribución

tipo edificio de 1.000 kVA de 20 kV, con dúas celas de liña e unha cela de protección. Inicialmente colocarase un transformador de 630 kVA, cunha lonxitude de 70 metros en dobre circuíto, desde a L.M.T. que une os centros de transformación de Campo da Feira e residencia terceira idade, para mellora do servicio eléctrico no sector, travesía rúa Taboada, no concello de Chantada.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 17 de xullo 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-5122