Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Martes, 03 de outubro de 1995 Páx. 7.374

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 1995, da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, pola que se fai pública a substitución do representante da Universidade de Santiago de Compostela na comisión avaliadora das axudas convocadas para accións de apoio económico ós estudiantes universitarios.

De acordo co establecido na Orde de 30 de marzo de 1995 (DOG nº 90, do 11 de maio), pola que se convocan axudas para accións de apoio económico ós estudiantes universitarios españois matriculados nunha das tres universidades galegas durante o curso 1994-1995, a Resolución do 22 de xuño de 1995 (DOG do 5 de xullo) da Dirección Xeral de Universidades e Investigacións fixo pública a composición da comisión avaliadora das devanditas accións.

Comunicado pola Universidade de Santiago de Compostela o cambio do representante desa universidade na citada comisión avaliadora, esta dirección xeral,

RESOLVEU:

Artigo único.-Substituir a Celso Rodríguez Fernández como representante da Universidade de Santiago de Compostela na comisión avaliadora das accións de apoio económico ós estudiantes universitarios designando no seu lugar a Amelia Paz González Méndez, vicerrectora de estudiantes da devandita universidade.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 1995.

José Manuel López

Director xeral de Universidades e Investigación

95-5845