Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Luns, 02 de outubro de 1995 Páx. 7.342

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Fábricas Lucía del Norte, S.A. (Falunorsa).

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Fábricas Lucía del Norte, S.A., da provincia de Pontevedra, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 10-7-1995, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal, o 19-6-1995, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, a delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da provincia de Pontevedra,

ACORDA:

Pnmeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Vigo, 31 de xullo de 1995.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo sindical de Fábrica Lucía del Norte, S.A. (Falunorsa) co seu persoal dependente da factoría de Vigo.

Artigo 1º.-Ámbito.

O presente convenio colectivo afectaralle ó persoal da factoría de Vigo, con domicilio en r/ Jacinto Benavente, 31, e dos centros comerciais dependentes dela.

Artigo 2º.-Duración e denuncia.

Este convenio entrará en vigor no momento da sinatura do acordo pola comisión negociadora, con vixencia ata o 31 de decembro de 1995.

Non obstante, os efectos económicos retrotraeranse ó 1 de xaneiro de 1995.

O presente convenio quedará denunciado por ámbalas partes o 1 de outubro de 1995. Denunciado o presente convenio e en canto non se logre acordo

para o seguinte, manterase a vixencia en tódalas súas cláusulas.

Artigo 3º.-Dereito supletorio.

O presente convenio colectivo subsistirá integramente, nos seus propios termos, durante todo o período da súa vixencia, salvo que por disposición legal de categoría superior se establecesen condicións máis beneficiosas en materia de xornada de traballo, vacacións ou salarios en cómputo anual. Neste caso habería que atarse ó disposto naquela.

Artigo 4º.-Absorción e compensación.

As condicións económicas fixadas no presente convenio absorben e compensan as que existisen con anterioridade, calquera que sexa a natureza e a orixe da súa existencia.

O exceso que puidese aínda existir trala aplicación deste convenio, computadas sobre base anual as cantidades recibidas, legal ou convencionalmente por tódolos conceptos, excepto horas extraordinarias, manteranse co mesmo carácter con que fosen concedidas.

Do mesmo xeito, as melloras económicas que se establecen serán absorbibles e compensables cos aumentos de retribución que puidesen efectuarse en virtude de disposición legal de categoría superior ó presente convenio, facéndose esta compensación, tanto por concepto como no seu conxunto.

Artigo 5º.-Retribucións.

Durante o ano 1995 as retribucións convenio, bases para incentivos e bases para antigüidade, toxicidade, perigosidade e nocturnidade, vixentes o 31 de decembro de 1994, incrementaranse nun 4,00%, dando isto como resultado as cantidades recollidas nos anexos 1 e 2 do presente convenio.

As táboas salariais pactadas para 1995 serán obxecto de revisión ó final de ano, axustándoas ó IPC real de 1995. A diferencia existente entre o 4% e o IPC real resultante aplicarase ás táboas vixentes o 31-12-1994, con efectos desde o 1 de xaneiro de 1995.

Artigo 6º.-Organización do traballo e primas e incentivos á producción.

1. Principio xeral.

A organización práctica do traballo é facultade exclusiva da dirección da empresa.

Ó comité de empresa correspóndenlle-las funcións de asesoramento e proposta, mediante a emisión de informes que determina o artigo 64, punto 1.3 do Estatuto dos traballadores.

2. Facultades da dirección da empresa.

2.1. A determinación do proceso productivo, mediante a fixación de:

2.1.1. A organización administrativa, técnica e industrial das súas actividades, así como tamén introduci-las variacións, modificacións, alteracións e supresións que considere convenientes para aumentar rendementos, mellorar calidades ou dimi

nuír custos en departamentos, seccións, talleres, instalacións ou métodos de fabricación.

2.1.2. As operacións ou fases que se realizarán en cada posto de traballo.

2.1.3. O método que se seguirá e os materiais que se utilizarán, todo isto en cada momento.

2.1.4. A determinación das produccións mínimas esixibles e máximas que, de acordo co método fixado, se obteñan mediante proceso de medición de tempos.

2.1.5. A esixencia a cada traballador da atención, coidado e limpeza das máquinas, utensilios e ferramentas ó seu cargo, determinando o tempo que sexa preciso para realizar estas tarefas, así como a súa periodicidade.

2.1.6. A determinación dos índices de desperdicio de materiais en tódalas operacións que compoñen o proceso productivo. Os ditos índices serán tidos en conta no momento de realiza-las cronometraxes.

2.1.7. O estudio, a modificación, implantación e cumprimento dos novos métodos e fases de traballo, adaptándoos en cada momento ás necesidades do producto e da producción, seguindo o novo procedemento regulador que se pacta no apartado 6 deste artigo.

2.2. A responsabilidade exclusiva na busca e decisións de cantas medidas sexan necesarias para consegui-la correcta e rendible utilización das máquinas, instalacións e cadro de persoal, respectándose tódalas garantías en materia de estabilidade no emprego, que se contemplan nas disposicións legais vixentes, concretamente:

2.2.1. A mobilidade funcional no seo da empresa.

2.2.2. A determinación dos períodos de adaptación necesarios para consegui-la total integración do traballador no novo posto de traballo.

2.2.3. Garantir durante o período de adaptación o importe en pesetas da prima de producción media por hora que viña percibindo na súa anterior fase de traballo. A dita garantía será respectada sempre que o traballador vaia aumentando, progresiva e proporcionalmente, a súa producción durante o dito período de adaptación.

2.3. A determinación e esixencia da calidade necesaria, mediante:

2.3.1. A fixación dos niveis de calidade mínimos do producto, en cada fase do proceso productivo.

2.3.2. A creación do correspondente sistema de control de calidade que, en función do nivel mínimo esixido, determine a responsabilidade por traballos defectuosos a quen correspondese.

2.3.3. En todo momento deberase ter presente ó establece-lo control de calidade se se considerase necesario, revisa-los tempos concedidos para as operacións, posto que, se ó cronometra-la dita operación o concepto de calidade non foi tida en conta, haberá que consideralo nunha nova toma de tempo.

2.4. O estudio, implantación e mantemento dos sistemas de incentivo conforme coa lexislación vixente e cos acordos internos interpretativos que se pactan expresamente no apartado 6 deste artigo.

3. Primas e incentivos á producción.

Enténdense por primas e incentivos á producción a cantidade que en metálico percibirá o traballador polo seu rendemento individual ou colectivo, distinguíndose tres grupos de traballadores:

3.1. Productores sen incentivo:

O persoal, a excepción dos aprendices, que non traballe a incentivo, percibirá por día realmente traballado así como polos días correspondentes ás vacacións anuais retribuídas, ademais do xornal ou saldo pactado neste convenio un plus equivalente ó 22% das cantidades expresadas na segunda columna dos anexos 1 e 2 que se xuntan.

No caso de empregados e subalternos para os que existisen primas de producción ou de vendas, garántese, por día realmente traballado, como mínimo o 22% das cantidades expresadas na segunda columna dos anexos I e II que se xuntan.

3.2. Productores con incentivo:

As escalas de primas á producción estableceranse de tal xeito que, ás actividades mínima, media e óptima (60, 70 e 80 puntos Bedaux) corresponderán unhas primas do 0,25 e 50% respectivamente, das cantidades expresadas na segunda columna dos anexos I e II que se xuntan; a fórmula é:

B. Incentivo x 0,50

= valor punto

Horas semana

x (80-60)

6

En 1995 a dita 2ª columna experimentará idéntico incremento que o indicado para as retribucións.

3.3. Productores con incentivo non racionalizado:

Nos postos nos que non estea implantada a prima racionalizada (Bedaux) garántese, como mínimo unha prima equivalente ó 25% das cantidades expresadas na segunda columna dos anexos I e II que se xuntan, sempre que se alcancen actividades medias.

4. Rendementos.

Aplicarase o disposto no artigo 11 da vixente ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica, correspondéndose as retribucións deste convenio co rendemento mínimo esixible (60 P.B.).

5. Novo procedemento regulador.

Tendo en conta o establecido no Estatuto dos traballadores, ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica e o pactado no presente convenio acórdase que, sen prexuízo da facultade da empresa, segundo a lexislación vixente, sobre revisións e implantacións de novas cronometraxes, para manter

actualizado o sistema de incentivos observarase o seguinte procedemento:

5.1. Realizaranse as revisións de tempos, sempre que:

5.1.1. Se modifique o método establecido ou cambiase algunha condición que afectase o tempo concedido para a execución da operación.

5.1.2. Se incorrese en erro manifesto de cálculo ou medición.

5.2. Realizaranse novas cronometraxes daquelas fases ou artigos que estivesen sen medición de tempos.

5.3. Nos dous supostos anteriores procederase a:

5.3.1. Comunicarlle previamente ó comité o que se vai cronometrar.

5.3.2. Realizarase a cronometraxe polos técnicos da empresa.

5.3.3. Entregarse unha copia da cronometraxe a unha comisión mixta, integrada por catro membros, dous por cada unha das representacións da dirección e comité. Tamén se entregará unha copia da ou das fases cronometradas.

5.3.4. Os traballadores dispoñerán de cinco días laborables para expor á dirección as súas observacións. Se solicitasen unha nova cronometraxe, reiníciase o proceso; se a comisión mixta accede a isto; se non accedese, solicitarase a intervención da Dirección Provincial de Traballo ou xulgado que corresponda para que emita a súa resolución. Neste caso, e mentres non se coñeza o seu dictame, as produccións e tempos obxecto de desavinza anotaranse en parte independente, percibindo as pesetas/hora correspondentes á prima media das catro últimas semanas e procedendo á liquidación definitiva cando se coñeza a resolución da Dirección Provincial de Traballo. Se a dita liquidación fose negativa para o traballador, a empresa descontará a diferencia nas tres nóminas seguintes; se resultar positiva, aboarase na nómina do mes seguinte.

6. Obrigas especiais.

Coa entrada en vigor deste convenio, o persoal adquire dúas abrigas de ineludible cumprimento, pois ambas son esixencia da organización do traballo:

-Rexistra-la hora de cada entrada e saída na tarxeta de control, con obxecto de facilita-la confección da nómina.

-Avisar coa maior anticipación e polo medio máis rápido de calquera falta ó traballo calquera que sexa a súa causa, para facilita-las substitucións e o aboamento do salario ou a prestación de accidente ou enfermidade, cando proceda, así como comunicar, tan pronto se coñeza, o momento da súa incorporación ó traballo.

O traballador deberase achar en disposición de inicia-la súa actividade no posto de traballo, coa súa correspondente indumentaria ó toque de sirena ou outro sistema establecido.

A dita xornada normal será computada en consideración á iniciación do labor no posto de traballo e finalización neste, e non polo concepto de entrada e saída na factoría.

Calquera infracción destas normas considerarase para tódolos efectos como falta de puntualidade ou como abandono de traballo, conforme o previsto ó respecto.

Artigo 7º.-Premios por toxicidade, penosidade e perigosidade.

Ó persoal afectado polo artigo 77 da vixente ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica, que realice traballos dos considerados como excepcionalmente penosos, tóxicos ou perigosos, deberáselle aboar por estos conceptos o 20% da base establecida na columna 3ª dos anexos I e II, se só se dese unha das circunstancias sinaladas; o 25% se concorresen dúas e o 30% se fosen tres.

Cando o traballo con carácter excepcionalmente penoso, tóxico ou perigoso dure máis de unha hora, sen exceder de media xornada, corresponderá aplica-lo 50% das cantidades sinaladas no parágrafo anterior.

Artigo 8º.-Premio de nocturnidade.

Aplicarase o disposto nos artigos 54 da ordenanza siderometalúrxica e 34.6º do vixente Estatuto dos traballadores, aboándose por este concepto o 25% da base establecida na columna 3ª dos anexos I e II.

Artigo 9º.-Plus de antigüidade.

O número de quinquenios será ilimitado e a súa contia, por quinquenios, será o 5% da base establecida na columna 3º dos anexos I e II, rexendo en todo o demais o establecido no artigo 76 da vixente ordenanza laboral siderometalúrxica.

Artigo 10º.-Gratificacións extraordinarias.

Con carácter de complemento salarial aboaranse dúas gratificacións extraordinarias en xuño e Nadal, na contía de 30 días de retribución convenio cada unha, así como a antigüidade e devengo extrasalarial se os houber, e faranse efectivas dentro da 2ª quincena dos meses de xuño e decembro, respectivamente.

Se é o caso, ratearase conforme o tempo efectivamente traballado.

Artigo 11º.-Horas extraordinarias.

Aboranse de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto do 17 de agosto de 1973 e disposicións complementarias, e cos recargos determinados no artigo 35.1º do Estatuto dos traballadores.

(SB)+CP)x120

52

(SB)+CP)x7+ x1,75

Horas traballo ano

52

Para os efectos previstos no Real decreto 1858/1981, do 20 de agosto, terán a consideración

de horas extraordinarias estructurais, as que se enumeran no artigo 2º.2, da dita disposición e as seguintes:

a) As que se realicen en relación coa tempada de vendas entre o 1 de xullo e o 30 de setembro.

b) As precisas para cubri-las ausencias por vacacións de gordas e vixiantes.

c) Fabricación de pedidos especiais.

Conforme as disposicións vixentes, a cotización por tales horas considerarase, pois, exenta do recargo establecido.

Artigo 12º.-Vacacións.

Tódolos productores da empresa terán dereito a desfrutar anualmente de 30 días naturais de vacacións.

O aboamento destas vacacións efectuarase de conformidade co disposto no artigo 70, parágrafo 2º da vixente ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica, valorándose as mesmas polo salario que realmente veña percibindo o traballador nun día de traballo, sen terse en conta, por tanto, os devengos de domingos, días festivos non recuperables, nin as gratificacións legais ou voluntarias.

Para a determinación do montante total das primas de producción do período vacacional de 1995, multiplicarase o valor medio da hora durante os 90 días anteriores ás vacacións por 168 horas.

En caso de necesidade acreditada, a empresa poderá determinar que concurren circunstancias obxectivas e conxunturais que obriguen a modifica-las datas previstas para o desfrute de vacacións en situación de normalidade.

As situacións obxectivas a considerar e os seus efectos no réxime de vacacións serán as seguintes:

Desde o momento da sinatura deste convenio, acreditada a existencia dun stock excedido, equivalente ás existencias resultantes do programa de producción mensual máis 3.000 colchóns, permitirá á dirección da empresa anticipa-la data de desfrute das vacacións, respecto ó total do seu cadro de persoal ou parcialmente, fixando unha ou varias quendas e a data do seu comezo, logo de notificación ó comité e ós afectados, cunha anticipación mínima de 30 días. Neste caso, as vacacións ampliaranse en dous días laborables, sempre e cando o seu desfrute se producise fóra da época estival. Se o necesario bo servicio comercial obrigase a isto, acórdase manter un retén de producción no período vacacional. Este retén reducirase ó imprescindible e, a poder ser, efectuarase con persoal idóneo voluntario.

Artigo 13º.-Viaxes e axudas de custo.

As saídas, viaxes e axudas de custo regularanse polo disposto no artigo 82 da vixente ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica, establecéndose a cantidade de 1.070 pesetas para a media axuda de custos.

A vixencia deste capítulo será desde o día da sinatura deste convenio.

Artigo 14º.-Ingresos.

Os ingresos, no caso de efectuárense sen pactar ningunha das modalidades especiais previstas nos artigos 35, 36 e 37 da vixente Ordenanza laboral siderometalúrxica, considéranse efectuados a título de proba, se así constase expresamente por escrito, non podendo exceder do tempo fixado na seguinte escala:

Técnicos titulados: 6 meses.

Técnicos non titulados, co mando sobre o persoal: 3 meses.

Técnicos non titulados, sen mando sobre o persoal: 2 meses.

Administrativos, con mando directo sobre o persoal: 3 meses.

Administrativos, sen mando directo sobre o persoal, subalternos e profesionais de oficio: 6 semanas.

Especialistas, peóns ordinarios, aprendices e pinches: 15 días.

Durante o período de proba, a empresa e o traballador poderán resolver libremente o contrato sen lugar a reclamación ningunha.

Transcorrido o prazo referido, o traballador integrarase na empresa, como fixo do cadro de persoal, computándose para tódolos efectos o tempo investido na proba.

Contratarase con preferencia a fillos de traballadores, sempre e cando as súas aptitudes coincidan coas necesidades que en cada momento a empresa requira.

Artigo 15º.-Xornada de traballo.

Acórdase un horario anual de 1.768 horas de traballo efectivo para 1995.

Se a pesar da distribución pactada fose preciso o establecemento de gardas, en atención ó servicio ós clientes, queda facultada a empresa para o seu establecemento; sempre que os tempos investidos nestas sexan computados na estimación anual, compensados en tempo libre para o descanso ou aboados a valor equivalente ó de horas extraordinarias.

Igualmente, o persoal de tendas e depósitos comerciais axustará o seu horario, con carácter obrigatorio, ós do comercio da zona, aboándose a valor equivalente ó das horas extraordinarias o exceso de horas que, en concepto anual, se puidesen producir sobre a xornada pactada.

En relación ó servicio de expedicións, nun común desexo de eliminar ó máximo as horas extras, acórdase que, se fose necesario e con coñecemento do comité de empresa, se trocasen as posibles horas fóra do horario normal por outras de descanso pactado:

60 minutos fóra do horario normal, por 75 minutos de descanso.

Así mesmo, e con obxecto de adapta-la xornada de traballo á demanda, o calendario previsto poderase modificar a xornada ordinaria dun máximo de 10 horas e mínimo de 6 horas, logo de información

ó comité de empresa cunha anticipación mínima de 7 días naturais.

Artigo 16º.-Garantía en casos de enfermidade ou accidente. Absentismo.

Nos casos de baixa por enfermidade ou accidente non laboral, así como por accidente laboral ou enfermidade profesional, a empresa completará ata o 100% do salario real a partir do día 21, no primeiro caso, e do día 9 no segundo caso, excepto as producidas in itinere en que se completa desde o día 16.

Percibirase desde o primeiro día o 100% das retribucións en caso de accidente de traballo, sempre que o absentismo laboral descenda cando menos en un punto con respecto ó ano anterior.

Dado que o absentismo real resultante en 1994 foi do 8,91 será preciso non supera-lo 7,91 anual para ter dereito á percepción do complemento citado.

O salario real calcularase para estas efectos como se se tratase de vacacións, consonte o artigo 12º deste convenio, incrementado coa parte proporcional das pagas extraordinarias.

Para o debido control do absentismo por enfermidade ou accidente e regulación do dereito a percibi-la garantía establecida, concretaranse as seguintes normas e obrigas:

1. 0 traballador enfermo obrígase a permiti-la entrada no seu domicilio do visitador da empresa que acredite selo e acudir ó servicio médico de empresa para o seu recoñecemento cantas veces sexa requirido.

2. Non se poderá ausentar do seu domicilio se non é para acudir á consulta do médico de cabeceira, especialista ou practicante, salvo nos casos previstos no punto 3.

3. Cando por razóns de saúde se faga aconsellable que o enfermo saia do seu domicilio, poderao facer, sempre que estea autorizado previamente por escrito polos servicios médicos da empresa ou polo médico que o asiste; neste caso, o tempo de ausencia estará dentro das horas autorizadas, que serán prudencialmente limitadas.

Para a debida acreditación destas circunstancias, o traballador enfermo deberá ter autorización escrita e asinada do médico que o asiste ou do servicio médico de empresa no seu domicilio, á disposición do visitador e dos servicios médicos da empresa.

4. En ningún caso de enfermidade ou accidente se dedicará a traballos de ningunha especie, por canta propia ou allea.

5. En casos de baixa por accidente, o servicio médico de empresa definirá as obrigas particulares que deberá cumpri-lo traballador accidentado, ademais das facilidades de toda orde que se precisaren para o debido control.

6. Aquel que non cumpra estas prescricións perderá durante un ano o dereito a esta garantía. En casos de reincidencia, a perda deste dereito esten

derase a dous anos e se a reincidencia fose por dúas veces, a perda deste dereito será definitiva.

Independentemente da perda deste dereito, cualificarase como falta moi grave o incumprimento do punto 4 e aplicaranse con todo rigor as sancións previstas na lexislación laboral vixente.

Artigo 17º.-Xubilacións.

O persoal da empresa afectado polo presente convenio con 30 anos de servicio e con dereito a xubilación percibirá, segundo o seu grupo de cotización por categorías, as seguintes cantidades mensuais:

GrupoCantidade mensual

110.000

2 e 38.000

47.000

5 e 86.000

6, 7, 9 e 105.000

Estas cantidades percibiranse doce veces ó ano.

Ós traballadores que non alcanzasen os 30 anos de servicio rebaixaráselle a cantidade que lle corresponda polo seu grupo de cotización en 2% por cada ano que faltase para os 30 anos mencionados, despreciándose para este cálculo as fraccións de ano.

Terá igualmente dereito a estas percepcións o persoal con xubilación anticipada e os xubilados con anterioridade a este convenio.

As cantidades expresadas son máximas e reduciranse tanto como sexa preciso para que, a cómputo anual e en cada caso, os ingresos en réxime de xubilación, na iniciación desta non superen os ingresos medios en xornada normal dos últimos tres meses en activo.

Todo traballador, cumpridos os 60 anos, poderá solicita-la baixa na empresa e, sempre que a dirección dea a súa conformidade á solicitude, terá dereito a percibir por ela unha indemnización equivalente a 30 mensualidades de salario/mes. Con independencia do dereito de todo traballador a solicitar da Seguridade Social a prestación en concepto de xubilación, o cumprimento de 65 anos producirá de forma automática a extinción da relación laboral, sempre e cando teña dereito á percepción da dita prestación.

Artigo 18º

A empresa, con independencia do persoal de servicio e gastos de mantemento, contribuirá con 36 ptas. por día e praza ós gastos orixinados pola compra de viandas.

Esta cantidade será administrada pola comisión do comedor, dependente do comité de empresa.

Artigo 19º.-Licencias retribuídas.

As licencias retribuídas regularanse polo disposto no artigo 37.3º do vixente Estatuto dos traballadores,

coas modificacións que, en canto ós períodos de tempo e por determinados motivos, se expoñen a seguir:

a) En casos de falecemento de cónxuxe ou fillos (garantíndose un día laborable): 4 días naturais.

b) En caso de falecemento de pais, pais políticos, fillos políticos, netos, avós e irmáns políticos: 3 días naturais.

c) En caso de enfermidade grave de pais, fillos, irmáns, consanguíneos ou políticos e cónxuxe que requira hospitalización: 2 días naturais.

(Nos tres apartados precedentes, cando o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo total será de 4 días naturais).

d) En caso de parto de esposa: 1 día natural.

e) En caso de casamento de fillos ou irmáns consanguíneos ou políticos: 1 día natural.

f) En caso de casamento do productor: 15 días naturais.

g) Un día de permiso non retribuído por falecemento de parentes non especificados nas alíneas anteriores.

Artigo 20º.-Gratificacións e pagas voluntarias.

Todo o persoal afectado polo convenio referenciado percibirá, ademais das gratificacións extraordinarias pactadas nel, dúas pagas complementarias ó ano, dunha mensualidade cada unha para o persoal empregado ou de 30 días para o persoal obreiro.

Estas pagas aboaranse na 2ª quincena dos meses de marzo e setembro, a todo o persoal do cadro na data da súa concesión, comprendendo salario base, antigüidade e devengo extrasalarial con carácter periódico e serán tidas en conta para os efectos de garantía en casos de enfermidade ou accidente, establecida e regulada no artigo 16º deste convenio.

En todo caso ratearase conforme o tempo realmente traballado.

Excepcionalmente, e sen carácter de dereito adquirido para o futuro, tódalas nóminas correspondentes ó mes de agosto do ano de vixencia deste convenio incrementaranse en 21.000 ptas. brutas.

Artigo 21º.-Roupa de traballo.

Proverase a tódolos traballadores de roupa de traballo adecuada, segundo determina o artigo 88 da vixente ordenanza laboral para a industria siderometalúrxica.

Artigo 22º.-Préstamos destinados á adquisición de vivenda. Bolsas. Premios.

22.1. Establécese a concesión de préstamos ó persoal afectado polo convenio referenciado, ata unha disposición máxima de 1.000.000 de ptas. e regulado polo regulamento vixente.

22.2. Establécese unha dotación de 304.000 ptas./ano, destinadas a compensar parcialmente os gastos de estudios, tanto dos propios productores como dos seus fillos.

A comisión deliberadora do convenio de referencia é consciente da complexidade e duración da elaboración dun regulamento para a regulación e distribución desta dotación, polo que, deixando a xestión da mesma en mans do comité de empresa, definen unicamente algúns dos principios que o deben inspirar:

-Rateo, se a dotación non cobre tódalas peticións aprobadas.

-Excluír categorías laborais superiores.

-As subvencións non pasarán do 50% dos gastos.

-Vinculación ó aprobado.

22.3. Establécese un premio de nupcialidade único, consistente nun colchón Gran Flex de 135 cm.

Así mesmo, aboaranse premios de natalidade e primeira comunón, consistentes en 2.000 ptas. e 3.000 ptas., respectivamente, logo de presentación de xustificante.

Artigo 23º.-Pagamento mensual e anticipo da nómina. Axustes IPC.

23.1. O pagamento da nómina efectuarase dentro dos cinco primeiros días laborables, para efectos de fábrica do mes seguinte ó período devengado, salvo no que respecta ó aboamento das primas de produccións, que se corresponderá cos períodos establecidos no calendario existente para o efecto.

23.2. O día 23 de cada mes e caso de ser este sábado, domingo ou festivo, o día laborable inmediatamente anterior anticiparáselle a todo traballador que o solicite a cantidade de 70.000 ptas. a conta da nómina do mes.

23.3. O posible aboamento ou retrocesión de salarios, con motivo da alteración do IPC de final de ano, en relación coa previsión que serviu de base para o pagamento a conta, levarase a cabo na nómina correspondente ó mes seguinte a aquel en que se coñeza oficialmente o IPC anual.

Artigo 24º.-Adquisición de artigos.

A adquisición de artigos polos traballadores, sempre que sexa para uso do seu fogar, fixaranse en PVF máis o IVE ou calquera outro imposto que o substitúa.

O pagamento dos ditos artigos deberase efectuar, como data límite, o mes seguinte ó do servicio. Se o día 25 do mes seguinte non estivese liquidado, descontarase da nómina, salvo acorde previo entre ámbalas partes.

Artigo 25º.-Excedencias.

Con independencia de que se considere subsistente a normativa vixente sobre esta materia, se un traballador solicitase unha excedencia voluntaria ó amparo deste artigo e a súa solicitude fose aceptada pola empresa, pasará á indicada situación nas seguintes condicións:

a) Aboaránselle 750.000 ptas. se a excedencia é por dous anos; 1.500.000 ptas. se é por catro anos

e 2.000.000 ptas. se é por tempo igual ou superior.

b) Trala súa solicitude por escrito conservarase o dereito á reincorporación automática no mesmo centro de traballo ó final da excedencia e no posto de traballo que determine a empresa, aínda conservando a súa categoría.

Artigo 26º.-Subasctividade.

Informarase ó comité dos cadros de persoal necesarios en cada sección, tendo en conta as suficiencias existentes.

Co posible excedente formarase unha sección de subasctividade, que será adscrita a cantos traballos e servicios sexan necesarios para consegui-la súa ocupación, se os houber, sen que as ditas tarefas atenten contra a dignidade profesional.

Cando por variacións dos programas de producción, vendas ou administración, fose necesario implantar, aumentar ou diminuí-lo previsto cadro de persoal da sección de subactividade, o comité será informado de tales modificacións.

A dirección tomará en consideración o tempo que o traballador estivese fóra do seu posto de traballo habitual, por se unha dilatada separación minguase a súa capacidade productiva cando se reintegre ó seu posto de traballo, unha vez desaparecidas as causas que abrigaron ó cambio.

Ámbalas partes declaran participar ó máximo na busca de artigos e solucións varias para que, malia as dificultades do mercado, esta bolsa sexa a mínima posible.

A prima de producción a percibir polo traballador calcularase pola media en ptas. das 4 últimas semanas.

Artigo 27º.-Atribucións do comité de empresa.

A empresa facilitará información sobre os proxectos industriais e tecnolóxicos, así como dos programas de producción e vendas da fábrica e evolución probable do emprego.

O comité intervirá na vixilancia e control das condicións de seguridade e hixiene no desenvolvemento do traballo na empresa.

Seralle facilitada información sobre o balance, a canta de resultados, a memoria e demais documentos que se dean a coñecer ós socios de Falunorsa e nas mesmas condicións que a estas.

Seralle facilitada información dos documentos anteriores e, en canto se refire á fábrica de Vigo.

Respecto á acumulación do crédito de horas do comité de empresa, actuarase consonte o establecido no artigo 68 do vixente Estatuto dos traballadores. Os membros do comité poderán acumula-las horas, conforme os seguintes requisitos:

-Cesión total das horas dispoñibles.

-De carácter mensual, con notificación previa, de unha semana, ó mes en que se proceda a dita cesión, en favor de un ou varios membros do comité.

-Que o cedente estea en situación de activo, tanto no momento da cesión como no período cedido.

Respecto á mobilidade funcional citada no apartado 2.2.1, o comité de empresa deberá ser informado cando a dita facultade da empresa se aparte sensiblemente do que vén sendo habitual.

Artigo 28º.-Seccións sindicais.

Cando así o solicite unha sección sindical, a empresa colaborará na recadación das cotas dos afiliados a ela mediante a detracción no recibos de salarios. Para tal efecto, os interesados deberán formula-la correspondente autorización por escrito, que podará ser revogada ou actualizada en calquera momento.

Conforme o establecido na vixente lexislación, a empresa facilitará os locais, fóra de horas de traballo, para as reunións que se celebren, avisando con 24 horas de anticipación.

Artigo 29º.-Comisión paritaria.

Cantas dúbidas e diverxencias poidan xurdir entre as partes obrigadas, así como as situacións de prexuízo que se ocasionen como consecuencia da interpretación ou aplicación das estipulacións contidas neste convenio, será sometidas, obrigatoriamente, e como trámite previo, á comisión paritaria, que estará constituída por dous vocais da empresa e dous vocais titulares representantes dos traballadores, designados pola propia comisión deliberadora de entre os seus membros.

Artigo 30º.-Períodos de adaptación.

En desenvolvemento do previsto no convenio colectivo, artigo 6º, apartado 2.2.2, alcánzanse os seguintes acordes entre dirección e comité de empresa da fábrica de Vigo:

Primeiro.-Enténdese como período de adaptación as horas que a empresa concede a un operario para que este coñeza o método a seguir, os materiais a utilizar e, ademais, adquira a habilidade suficiente para quedar integrado formalmente no sistema de incentivo Bedaux e, por tanto, percibi-la prima de producción a que teña dereito en función dos rendementos que vaia obtendo.

Segundo.-Conforme o establecido no convenio colectivo, durante o período de adaptación, o traballador percibirá a prima de producción media por hora, que tería obtido nos 90 días naturais anteriores ó inicio do período de adaptación, sempre que vaia incrementando gradual e progresivamente o seu rendemento, desde o inicio ata o final do período.

Terceiro.-Ó finaliza-lo período de adaptación, o operario pasará a percibir como prima de producción a que corresponda á actividade ou rendemento que se obteña ó valora-lo parte de traballo.

Cuarto.-Atendendo ás especiais características do proceso productivo, acórdase expresamente que as horas do período de adaptación se consumirán acumulando tódalas que o operario efectúe no posto

de traballo, desde a concesión da adaptación, xa sexa traballándoas de forma ininterrumpida ou non.

Sen prexuízo do anterior, para dar por finalizada a adaptación só se computarán as horas traballadas nos 12 meses anteriores, despreciándose por tanto as que se puidesen traballar con anterioridade a ese período.

O prazo máximo de 12 meses, que se establece con carácter xeral, queda reducido a 6 para as operacións números: 1, 5, 11, 15, 16, 19, 20 e 28 da táboa fixada no documento correspondente.

Quinto.-Se algún operario estivese de forma continuada fóra do seu posto de traballo, durante un tempo prolongado, concederáselle ó retornar a el un período de adaptación conforme o cadro seguinte:

Fóra do seu postoPeríodo de adaptación

De 6 a 12 meses5% do período de adaptación

De 12 a 24 meses10% do período de adaptación

Máis de 24 meses20% do período de adaptación

Sexto.-Sen prexuízo do previsto nos apartados anteriores e con carácter excepcional, se algún traballador durante o período de adaptación demostrase unha falta de capacidade fisica que lle impedise efectuar con normalidade a operación, a dirección de empresa considerará tal eventualidade e decidirá se concede un novo tempo normal de adaptación ou, alternativamente, colocalo noutro posto de traballo.

Sétimo.-Durante o período de adaptación, a empresa garantirá a adecuada formación do operario a cerca do método a seguir para efectuar correctamente, tendo como modelo o método que se utilizou para a medición do tempo e, caso de que non houbese tempo medido, ensinaríaselle o habitual nese posto.

A dita formación será levada a cabo polas persoas que mellor coñezan o método e sempre logo de designación da dirección da empresa.

Oitava.-A comisión mixta, prevista no artigo 6º c.c., determinará os períodos de adaptación das operacións non incluídas no anexo do punto noveno, así como as que no futuro poidan xurdir.

Os ditos períodos fixaranse por comparación analóxica cos agora determinados.

Noveno.-Os períodos de adaptación para cada operario son os que se determinan na documentación existente a tal respecto.

Falunorsa-Vigo

O presente convenio colectivo foi subscrito polo comité en representación da parte social e pola dirección da empresa en representación da parte económica.