Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Venres, 29 de setembro de 1995 Páx. 7.328

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/120-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Hidroeléctrica del Zarzo, S.A.

Enderezo social: Mancebo, 6, 15000 Pontedeume.

Denominación: L.M.T. subterránea Eume-San Bartolomeu-Cabanas, 1ª fase.

Situación: Monfero (A Coruña).

Características técnicas: liña subterránea a 15-20 kV, de 2.308 m de lonxitude, conductor aluminio de 3x1x95 mm, con orixe en pórtico da central do Eume, con entrada e saída en centro de manobra e enlace coa central hidroeléctrica de San Bartolomeu e remata na liña aérea San Bartolomeu-Cabanas, 2ª fase (expediente número 52550).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 15 de setembro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-06139