Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Venres, 29 de setembro de 1995 Páx. 7.328

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 1995, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador (S.S. 01/1995).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase á persoa que no anexo

se menciona a resolución do expediente sancionador, por infracción da Lei 4/1993, do 14 de abril, servicios sociais.

1. Contra a dita resolución, de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo de un mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 001-014017-9 do Banco Bilbao-Vizcaya (0.182), oficina da rúa Senra de Santiago de Compostela (5947). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía executiva.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 1995.

Manuel Aguilar López

Director de Servicios Sociais

ANEXO

Expediente: S.S. 01/95.

Denunciada: Carmen González Baca.

Último domicilio coñecido: Barrio de Canido, nº 53, Nigrán.

Feito denunciado: creación e funcionamento dun centro de terceira idade sen autorización. Desatende-las necesidades de atención sanitaria.

Precepto infrinxido: artigos 62.2º e 62.5º da Lei 4/1993, de servicios sociais.

Precepto sancionador: artigos 65.1º b) da Lei 4/1993, de servicios sociais.

Sanción: 250.001 ptas.

95-6056