Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Venres, 29 de setembro de 1995 Páx. 7.327

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de explotación da canteira denominada Soledad, sita no concello de Barreiros.

A Delegación Provincial de Lugo, fai saber que a Dirección Xeral de Industria decidiu que o proxecto de explotación da canteira denominada Soledad, sita na paraxe de San Pedro, parroquia de Benquerencia, do concello de Barreiros, promovido por José Ramón Fernández Cobo, fose sometido ó Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia.

En cumprimento do establecido no artigo 5, apartado 2º do referido decreto,

RESOLVO:

1. Someter, polo prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución, a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de explotación da canteira

denominada Soledad, sita en San Pedro, parroquia de Benquerencia, do concello de Barreiros, promovido por José Ramón Fernández Cobo.

2. O estudio de impacto ambiental expoñerase ó público nesta delegacion provincial, logo de anuncio no Diario Oficial de Galicia.

3. As alegacións formularanse, durante o dito prazo de trinta días hábiles, ante esta delegación provincial de Industria e Comercio.

Lugo, 31 de agosto de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

9506284