Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Venres, 29 de setembro de 1995 Páx. 7.327

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 14/1995).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da entidade mercantil Hidroeléctrica del Zarzo, S.A., co enderezo na rúa Mancebo, 6, Pontedeume (A Coruña), para a autorización administrativa da instalación que segue:

Liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e conductor LA-56, de 270 m de lonxitude, con orixe na liña Xestal-Sta. Xuliana (expediente número 30073) e remate no C.T. que se vai construír en Cernadas. Centro de transformación aéreo, de 25 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 135 m de lonxitude en Cernadas. Monfero.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta

delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15701 A Coruña.

A Coruña, 2 de febreiro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-6078