Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Venres, 29 de setembro de 1995 Páx. 7.326

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 8 de setembro de 1995, do Servicio Provincial de Transportes de Ourense, pola que se notifican as resolucións sancionadoras incoadas por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres e devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente número OR-02072-O-95 e tres máis).

Pola presente cédula, notifícaselles ós denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas pola delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario, perante o director xeral de Transportes, no prazo de un mes contado desde o día seguinte a publicación da presente cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

E para que conste e sirva de notificación, ós denunciados de descoñecidos domicilios, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, sobre réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), expido, asino e selo a presente cédula en Ourense, 8 de setembro de 1995.

Gerardo Álvarez Reza

Xefe do Servicio Provincial de Transportes de Ourense

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

OR-02072-O-94

C-0323-AV

G.C. Tráfico

TSN, S.L.

S. Vicente, 10-7º A

A Coruña

Realizar un transporte público de embutidos, da Coruña a Celanova, sen efectua-lo visado da autorización de transporte no plazo previsto. Tarxeta MDL-N, válida ata o 30-11-1994.

20-12-1994; 10.20; N-540; 17

Art. 142-N LOTT

Art. 199-N RGTO

Art. 143 LOTT

Art. 201 RGTO

25.000

OR-00093-O-95

C-0322-AV

G.C. Tráfico

TSN, S.L.

S. Vicente, 10-7º A

A Coruña

Transportar embutidos, desde A Coruña a Ourense, sen efectua-lo visado da autorización de transportes no plazo previsto pola Administración. Tarxeta MDL-nacional, válida ata o 30-11-1994. Servicio público.

19-1-1995; 9.45; N-525; 248

Art. 142-N LOTT

Art. 199-N RGTO

Art. 143 LOTT

Art. 201 RGTO

25.000

OR-00168-O-95

PO-4328-AP

G.C. Tráfico

Arias Pérez, Miguel

Aragón, 12-4º Dta.

Vigo (Pontevedra)

Realizar unha conducción de 5.35 horas, cunha interrupción intercalada nese período de 15 minutos. Conducción entre 2.15 horas e 8.15 horas día 31.

3-2-1995; 8.15; N-120; 607

Art. 142-N LOTT

Art. 199-O RGTO

Art. 143 LOTT

Art. 201 RGTO

20.000

OR-00471-O-95

SS-3603-T

G.C. Tráfico

Trillo Suárez, José Manuel

Prado de Traba, 7

Coristanco (A Coruña)

Circular transportando carga útil (pedras), desde o km 575 ata a poboación de Crenye, carecendo da tarxeta visado de transportes do ano en curso ou documento oficial que a substitúa.

24-3-1995; 9; N-120; 571,5

Art. 142-N LOTT

Art. 199-N RGTO

Art. 143 LOTT

Art. 201 RGTO

25.000

95-01165