Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Venres, 29 de setembro de 1995 Páx. 7.313

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 4 de agosto de 1995 pola que se crea o Observatorio de Galicia sobre Drogas.

Advertidos erros na publicación da mencionada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 164, correspondente ó día 28 de agosto de 1995, procede efectua-las seguintes correccións:

Na páxina 6.648, columna primeira, exposición de motivos, segundo parágrafo: «... sobre Toxicomanías (REITOX), na coordinación co Observatorio...», debe dicir: «... sobre Toxicomanías (REITOX), en coordinación co Observatorio...».

Na páxina 6.648, columna primeira, artigo primeiro, punto segundo: onde di: «... contidas no Plan Autonómico sobre Drogas (PAD), son levadas a cabo a través do Comisionado do Plan Autonómico sobre Drogas (CPAD)», debe dicir: «... contidas no Plan Autonómico sobre Drogodependencias (PAD), son levadas a cabo a través da Oficina do Comisionado do Plan Autonómico sobre Drogodependencias (CPAD)».

Na páxina 6.648, columna segunda, parágrafo terceiro, onde di: «... grupo A da oficina do Plan Autonómico sobre Drogodependencias», debe dicir: «... grupo A da Oficina do Comisionado do Plan Autonómico sobre Drogodependencias».

5590