Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Venres, 29 de setembro de 1995 Páx. 7.313

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 1995, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle concede á empresa Centro de Estudios Vértice, a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador e mantedor-reparador de instalcións de calefacción e auga quente sanitaria.

Vista a solicitude presentada por Catalina Arévalo Blázquez, en representación da empresa Centro de Estudios Vértice, e a documentación anexa, na que solicita que lle sexa concedida a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción e auga quente sanitaria.

Vista a instrucción técnica complementaria IT-IC 25 do Regulamento de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria, aprobada por Orde do 16 de xullo de 1981 (BOE do 13-8-1981), pola que se establecen especialidades dos carnés pro

fesionais de instalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria e se fixa o número mínimo de horas para desenvolve-los programas dos cursos teóricos e de coñecementos específicos para a obtención destes.

Considerando que se cumpriron os requisitos regulamentarios establecidos. Esta dirección xeral,

RESOLVE:

Conceder á empresa Centro de Estudios Vértice a cualificación de entidade recoñecida para imparti-los cursos teórico-prácticos para a obtención dos carnés profesionais de instalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción e auga quente sanitaria, no ámbito da provincia da Coruña.

A duración dos cursos en número de horas axustarase ó disposto na Orde do 8 de abril de 1983 (BOE do 16-4-1983).

Para imparti-los cursos, deberase comunicar á delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio da provincia correspondente o programa, profesorado, lugar, horario e exame, co fin de realiza-lo control correspondente.

Esta autorización deberá renovarse ós dous anos, para o que deberá acreditar ante esta dirección xeral o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 1995.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

9506135