Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Xoves, 28 de setembro de 1995 Páx. 7.306

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 1995, da Dirección Xeral de Xustiza e Interior, pola que se fai pública a resolución do expediente sancionador GA-176-1/93.

Intentada a notificación directa ó interesado da resolución dictada pola Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no expediente de referencia, e ó non poder efectuarse esta, resolvín, ó amparo do previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia da seguinte:

RESOLUCIÓN:

Sancionar á empresa operadora Recreativos Pemibe, S.L., solidariamente co seu xerente/apoderado Jesús María Penoucos Castiñeiras, con multa de cento cincuenta mil pesetas (150.000 ptas.), pola comisión dunha infracción grave das previstas no artigo 29 i da Lei 14/1985, modificada pola Lei 7/1991, e sancionable a través dos artigos 31 e 32 da Lei 14/1985, por ter instalada unha máquina tipo A sen ter colocada nela nin en posesión do dono do local a documentación esixida preceptivamente.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, e en consecuencia é executiva, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados a partir de día seguinte ó desta publicación, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Comunícaselle ó interesado que ten un prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicacion desta resolución, para efectua-lo pagamento dela en período voluntario na conta restrinxida de recadación a favor do Tesouro da Facenda galega, de multas e sancións nº 311.300.4355/2 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal de Santiago de Compostela.

De non efectua-lo pagamento dentro do prazo establecido procederase á súa execución por vía de constrinximento.

Ssantiago de Compostela, 4 de setembro de 1995.

Joaquín Macías Sánchez

Director xeral de Xustiza e Interior

95-6124