Obxecto: adquisición dun equipamento para descarga con destino ó porto pesqueiro da Pobra do Caramiñal.
Prazo de execución: dous meses
Orzamento: catorce millóns de pesetas (14.000.000 de ptas.).
Documentación de interese para os licitadores: a documentación poderá solicitarse na Dirección Xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras (Rúa do Sar, nº 75 en Santiago de Compostela), ou en calquera das delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, nos días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións.
Lugar e prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre cerrado no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou ser enviadas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme co disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión rermatará ás catorce horas do vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Apertura de proposicións: en acto público ás 11 horas do primeiro día hábil, que non coincida en sábado, no que se cumpran cinco días naturais, contados dende a data seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas.
Documentos que deben aporta-los licitadores: serán os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.
O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 7 de setembro de 1995
Samuel Juárez Casado
Director xeral de Pesca e Industrias Pesqueiras
6089