Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Xoves, 28 de setembro de 1995 Páx. 7.306

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 1995, da Dirección Xerencia do Hospital da Costa de Burela, pola que se anuncia a contratación polo procedemento aberto, mediante concurso, da subministración de equipo portátil de radioloxía para o Hospital da Costa (C.P. 4/1995).

A Dirección Xerencia do Hospital da Costa de Burela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas

conforme o establecido no apartado f do artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG número 191, do 3 de outubro), convoca expediente de contratación polo procedemento aberto, mediante concurso, da subministración de equipo portátil de radioloxía, con destino a cubri-las necesidades no Hospital da Costa.

Obxecto e orzamento: a adquisición de equipo portátil de radioloxía, por un orzamento de tres millóns de pesetas (3.000.000 de ptas.), IVE incluído.

Prazo de entrega: os bens obxecto do presente concurso deberán de ser entregados no prazo de 15 días a partir da data de notificación da adxudicación.

Documentos de interese para los licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitadas no Servicio de Subministracións do Hospital da Costa, teléfono (982) 58 99 07 e fax (982) 58 99 06, durante o prazo de admisión de proposicións.

Admisión de variantes: admítense variantes.

Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse por algún dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: deberá acreditarse por algún dos medios previstos no artigo 18 da Lei de contratos das administracións públicas.

Criterios de adxudicación: 1º calidade técnica. 2º asistencia técnica. 3º prezo. 4º prazo de entrega.

Fianzas: deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación. A devandita fianza constituirase segundo o disposto no artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Clasificación: non se esixe.

Presentación das proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Hospital da Costa de Burela antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó Hospital da Costa a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mismo día.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital da Costa ás 11 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Burela, 21 de agosto de 1995.

Fernando Varela Noreña

Director xerente do Hospital da Costa de Burela

95-6265