Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Xoves, 28 de setembro de 1995 Páx. 7.304

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 1995 pola que se abre información pública previa á declaración de urxente ocupación para a expropiación forzosa dun predio situado no lugar de Sobrado, Arteixo, afectado polas instalacións da refinería de Repsol Petróleo, S.A. (expediente número 13.206).

De conformidade co disposto nos capítulos II da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de

1954, e do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, sométese a información pública durante o prazo de quince días a solicitude de data 6-7-1995, formulada pro Repsol Petróleo, S.A., en concepto de entidade beneficiaria, con domicilio en Bens, s/n, 15191 A Coruña, para que lle sexa outorgada, se procede, polo Consello da Xunta de Galicia, a declaración de urxente ocupación, para a expropiación forzosa polo procedemento que se establece no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do predio número 205-A do plano parcelario, propiedade de Juan Martínez Gómez e Agustina Martínez Vázquez, conformada por 381 metros cadrados de superficie, na que se integra unha vivenda, un alpendre, un lavadeiro, un pozo e un cerramento de bloques de formigón, situado no enclave da actividade industrial da refinería, no lugar de Sobrado, do concello de Arteixo.

De conformidade co artigo 14 da Lei de expropiación forzosa, a declaración de empresa de interés e nacional outorgada polo Decreto 480/1963, do 28 de febreiro, a favor da Compañía Ibérica Refinadora de Petróleos, S.A. Petroliber, hoxe Repsol Petróleo, S.A., leva anexa, sen máis, a declaración de utilidade pública para efectos expropiatorios.

A Coruña, 17 de agosto de 1995.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial en funcións da Coruña

6062