Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Xoves, 28 de setembro de 1995 Páx. 7.305

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de concesión de explotación derivada do permiso de investigación Frades, número 6705.2, da provincia da Coruña.

O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG número 188, do 25-9-1990), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio de impacto ambiental da solicitude de concesión de explotación derivada do permiso de investigación Frades nº 6705.2, sito nos concellos de Frades e Mesía, e solicitado pola empresa Explotación de Rocas Industriales y Minerales, S.A.

Para os efectos informativos, porase a disposición dos administrados un exemplar daquel nas oficinas desta delegación provincial, Sección de Minas. As alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas oficinas desta delegación provincial.

A Coruña, 17 de agosto de 1995.

Juan Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

6241