Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Xoves, 28 de setembro de 1995 Páx. 7.296

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (419/1993).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe que nos autos dos que se fará mérito, se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din así:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o vintetrés de maio de mil novecentos noventa e catro.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 419/1993, seguidos por lesións; que teñen como denunciantes a Alfonso López Cisneros e Manuela Freire Freire, maior de idade; e como parte denunciada a Jorge Luciano de la Fuente Iglesias, Fernando de la Fuente Iglesias e Ana Belén López Souto, maior de idade, sendo parte igualmente o Ministerio Fiscal.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a Jorge Luciano de la Fuente Iglesias, Fernando de la Fuente Iglesias, Ana Belén López Souto e Manuela

Freire Freire da falta inicialmente imputada sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil, declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días desde a súa notificación perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, para que conste e lles sirva de notificación en legal forma a Jorge e Fernando de la Fuente Iglesias e Manuela Freire Freire, que se atopan en ignorado paradoiro, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o sete de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

9505282