Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Xoves, 28 de setembro de 1995 Páx. 7.296

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (54/1994).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe de que no xuízo executivo que se segue neste xulgado co número 54/1994, se dictou a sentencia co encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela, vintedous de xuño de mil novecentos noventa e catro, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade dictou a presente resolución no procedemento civil de xuízo executivo seguido neste xulgado co número 54/1994 no que actuaron como demandante Pastor Leasing, S.A., representado polo procurador Narciso Caamaño Queijo e asistido polo letrado Augusto Pérez Cepeda, e como demandados Gráficas Bufran, S.L., Francisco José Souto Varela e Juan Antonio Buján Liñares, declarados en rebeldía nas actuacións.

Decido que mando seguir adiante a execución despachada contra os bens da demandada ata facer trance e remate dos bens embargados, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á entidade actora da cantidade de 1.611.247 ptas. de principal e xuros, mais xuros de demora pactados, custas e gastos calculándose sen prexuízo de ulterior liquidación para xuros, custas e gastos a suma de 500.000 ptas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de apelación perante a audiencia provincial neste xulgado polo prazo de cinco días desde a notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado. Rubricado».

E para que conste e sirva de notificación ó demandado rebelde Gráficas Bufran, S.L. e Francisco José Souto Varela, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela, doce de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

9506085