Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Xoves, 28 de setembro de 1995 Páx. 7.295

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (304/1993).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos ós que se fará

mérito, dictouse a sentencia cun encabezado e parte dispositiva que din así:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o cinco de outubro de mil novecentos noventa e catro.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 304/1994, seguidos por inxurias, que teñen como denunciantes a María Dolores Gómez García, Milagros Rial Bascoy, Amelia Saavedra Touceda, María Cruz Iglesias Noya, María Isabel Varela Barcia, José Manuel Rey Castro, María del Carmen Vilas Santos, José Luis Tario Vázquez, Carmen Fernández Sanmiguel e María Jesús Rodríguez Mariño, maiores de idade, coa defensa letrada de María José García Vázquez e, como parte denunciada, a Gloria Rosana González Gerpe, maior de idade, coa defensa letrada de Belmira Castro Conde, sendo parte igualmente o Ministerio Fiscal.

Decido, que debo absolver e absolvo libremente a Gloria Rosana González Gerpe da falta inicialmente imputada, sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil, declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e lle sirva de notificación en legal forma a Milagros Rial Bascoy, que se atopa en ignorado paradoiro, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, o sete de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

95-06087