Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Mércores, 27 de setembro de 1995 Páx. 7.285

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 1995, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de realización de probas analíticas en laboratorio externo mediante procedemento aberto e urxente.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG 3-10-1994) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público para a contratación do servicio de probas analíticas en labo

ratorio externo por procedemento aberto e urxente.

Obxecto e orzamento: a contratación do servicio de probas analíticas en laboratorio externo, por un importe total máximo de cinco millóns setecentas cincuenta mil pesetas (5.750.000 ptas.) IVE incluído.

Prazo de execución: a duración do contrato será desde a súa sinatura ata o 31 de decembro de 1995. Antes da finalización poderá prorrogarse mediante acordo expreso das partes.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria pode ser solicitada no rexistro xeral do Hospital Médico Cirúrxico de Conxo, r/ Ramón Baltar, s/n, 15706 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

Fianzas:

a) Provisional: 2% do orzamento de licitación (115.000 ptas. caso de presentarse á totalidade).

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Constituiranse segundo o disposto nas cláusulas 8-2.8 e 12-2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Clasificación: non se esixe.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Médico Cirúrxico de Conxo, r/ Ramón Baltar, s/n, 15706 Santiago de Compostela, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo do xeito indicado no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratacións, reunida en acto público na sala de actos do Hospital Médico Cirúrxico de Conxo as 10 horas do sexto día natural contado a partir do seguinte a aquel

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na librería Egea, rúa Sol, 74.Nos edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

EN LUGO:Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na librería Souto, praza de España, 14.Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN OURENSE:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.EN VIGO:

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.En Librería Colón, rúa Colón, 22.

no que finalice o prazo de presentación de ofertas, en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán xunta-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 1995.

Ignacio Martínez González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela

9506247