Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Mércores, 27 de setembro de 1995 Páx. 7.285

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Organización de Titulados Técnicos en Actividad Física y Animación Deportiva (TAFAD).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise púlbico que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e mailos estatutos da Organización de Titulados Técnicos en Actividad Física y Animación Deportiva (TAFAD) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación os técnicos en actividade física e animación deportiva.

Asinan a acta de constitución: Alfonso J. Pazo Olivares e catro persoas máis.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

9506244