Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Mércores, 27 de setembro de 1995 Páx. 7.285

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 1995, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración de equipamento de mobiliario e dormitorios para a residencia da terceira idade de Oleiros.

Obxecto: equipamento de mobiliario e dormitorios para a residencia da terceira idade de Oleiros.

Orzamento de licitación: 20.000.000 de ptas.

Garantía provisional: 400.000 ptas.

Prazo de execución: 20 días.

Exposición de pregos:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescripcións técnicas poderán examinarse na Dirección Xeral de Servicios Sociais, ou nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais nas respectivas provincias, en días hábiles das 9 ás 14 horas durante o prazo de presentación de solicitudes.

Prazo de presentación de proposicións:

Deberán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos.

Documentación que teñen que presenta-los licitadores:

-No sobre da documentación persoal: a documentación sinalada na cláusula 9.2 do prego de cláusulas administrativas particulares polo que se rexe a adxudicación do contrato.

-No sobre de documentación económica: a establecida na cláusula 9.3 do prego de cláusulas administrativas.

-No sobre da documentación de referencias técnicas: o sinalado na cláusula 7 da folla de especificacións.

Apertura de proposicións:

Será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da sala de xuntas da Dirección Xeral de Servicios Sociais, a partir das 10 horas do undécimo día natural seguinte ó peche do prazo de admisión de ofertas. No caso de que o dito día coincida en

sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Anuncios:

El importe do anuncio do presente concurso será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 1995.

P.D. (Orde 7-5-1994)

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais

9505935